top of page

Costa Oeste

Costa Oeste é un proxecto lúdico e educativo en torno á arquitectura, ao territorio  e á arte; e supón  unha aproximación  nun sentido amplo e cun enfoque ameno e comprensible.
Son propostas de animación e de carácter educativo onde se investiga sobre a nosa contorna e o mundo que nos rodea para descubrir a importancia da Arquitectura como condicionante da paisaxe e da vida; e das artes como medio de expresión artística que ten como finalidade  exteriorizar emocións e pensamentos na procura de respostas creativas.

Ten como obxectivo principal que a infancia e a xuventude estean presentes de forma activa nos procesos de construción dos espazos comúns  tomando conciencia da súa importancia nas nosas vidas e nas nosas cidades.

bottom of page