Laboratorio da Paisaxe é un proxecto de investigación, atravesado polas artes, que afonda nas relacións co territorio que nos acolle. Foméntase a creatividade e a arte como motor de desenvolvemento e benestar social, á vez que se reflexiona sobre a Galicia baleirada, visibilizando entre outras, a problemática do despoboamento rural na procura de solucións. En cada nova edición do Laboratorio da Paisaxe, o territorio convértese no protagonista indiscutible. www.laboratoriodapaisaxe.com
O proxecto nace no 2016 co ánimo de dinamizar as relación sociais entre a poboación xove a través dunha acción de posta en valor do patrimonio natural e cultural da nosa contorna mediante a realización de actividades de sensibilización, formación , divulgación e artÃsticas no medio rural. colectivoespazo16.wixsite.com/website