top of page
ReHabitar a ruína por Sheila García
Sabemos que observar non é meramente facer uso da vista nin construír unha mirada senón facer consciente o advertido na mirada e darlle un propósito.
Por iso é que ao observar considerase a estreita relación entre o ollo que ve, a cabeza que pensa e reflexiona, e a man que recolle a medida da vista, cuantitativa e cualitativamente.
Na disciplina da arquitectura o debuxo e a reflexión dan orixe a unha forma de coñecemento baseado na liberdade e na creación. Por iso, unha estreita relación entre esbozo e texto determina unha unidade que constitúe o acto de observar.

bottom of page